Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 1995 Páx. 3.139

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1995, do Servicio Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de alargamento e mellora do trazado da estrada AC-234, tramo: Corredoiras-Arzúa, p.k. 0.000-12.214; clave: N/AC/89.3, termos municipais de Boimorto e Arzúa.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu apartado 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras indicadas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotación de estradas.

Por resolución do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 22 de novembro de 1994, aprobouse o correspondente proxecto de trazado.

O Consello da Xunta de Galicia, en virtude do Decreto 371/1994, do 2 de decembro, acordou declara-la utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos da expropiación para as mencionadas obras.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, que figuran na relación exposta nas casas dos concellos de Boimortio e Arzúa, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, o seu valor, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa do concello de: Boimorto.

De: 9 a 13 horas.

Día: 11 de maio de 1995, de Álvarez, Mercedes a Peteiro Varela, Mercedes.

Día: 12 de maio de 1995, de Prado López, José Ángel a Vilariño Sesar, Leonor.

Casa do concello de: Arzúa.

De: 9 a 13 horas.

Día: 15 de maio de 1995, Abad Vázquez, Ascensión a Montero Varela, Mª Jesús e outro.

Día: 16 de maio de 1995, de Montero, José Ramón e outra a Rodríguez Rico, María.

Día: 17 de maio de 1995, de Salgado Rguez, Manuel e outros a Villanueva, José Hdros.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, aportando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución, podendo ir acompañados, se o consideran oportuno, dos seus peritos e un notario.

Así mesmo, en cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co obxecto de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia na Coruña, praza e Luís Seoane, s/n, 8ª planta, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de rectificar posibles erros padecidos na relación dos bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 7 de abril de 1995.

Antonio Fernández Sarasquete

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas da Coruña