Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 1995 Páx. 3.139

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación de remate (56/1995-01).

María Fe Meitín Fernández, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela.

Fago saber que en virtude do acordado en autos de xuízo executivo seguido ante este xulgado co

número 56/1995, promovido pola entidade mercantil Gasóleo Calefación, representada pola procuradora Sánchez Silva, contra a entidade Construcciones y Restauraciones Coruñesas, S.L., dado que o demandado se encontra en ignorado paradoiro, por medio do presente edicto, se cita ó dito demandado, co fin de que no prazo improrrogable de nove días se persoe nestes autos en legal forma, mediante letrado e procurador, e se opoña á execución se lle convén, facéncolle constar que as copias da demanda de documentos se encontran nesta secretaría ó seu dispor, apercibíndoo de que de non comparecer será declarado en rebeldía, seguindo o preito o seu curso, sen volvelo citar nin facerlle outras notificacións cás determinadas pola lei.

Faise constar que sen previo requirimento de pago, procedeuse ó embargo do seguinte ben:

O importe de certificacións e calquera cantidade que demandado deba percibir a partir da data pola entidade OCP Construcciones, S.A., con domicilio no polígono do Tambre de Santiago de Compostela, deberá reter para ser aboada ó demandante.

E para que así conste e sirva de citación en legal firma ó demandado en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o dez de abril de mil novecentos noventa e cinco.

Selado e rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E

VIVENDA