Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 1995 Páx. 3.130

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 1995 pola que se anuncia a realización dun seminario galaico-portugués sobre o sistema contencioso-administrativo.

A Escola Galega de Administración Pública, como centro oficial de docencia e investigación no campo da Administración pública, ten entre os seus fins a investigación, a documentación, o estudio e a realización de traballos de divulgación en materias de dereito público galego e ciencia da Administración, promovendo a súa máxima difusión.

Así pois, no uso das funcións, atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da EGAP, e a Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse un seminario galaico-portugués sobre o sistema contencioso-administrativo, organizado en colaboración co Instituto de Gestão e Administração Pública de Porto, que deberá desenvolverse segundo as seguintes bases:

Primeira.-Obxectivo.

Aborda-lo estudio da xurisdicción contencioso-administrativa á luz das reformas do sistema contencioso portugués e español xunto cos problemas que se suscitan.

Segunda-Destinatarios.

Avogados, asesores xurídicos das distintas administracións públicas, maxistrados e membros da carreira xudicial e interesados en xeral.

Terceira.-Desenvolvemento.

-Data de realización: 22 de maio.

-Horario: de maña, a partir das 10 h. e de tarde, a partir das 16.30 h.

-Lugar: Ourense. Salón de actos da Delegación da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Número de prazas: limitado á capacidade do local.

Cuarta.-Forma e prazo.

O prazo remata o día 12 de maio.

As solicitudes deberán dirixirse, segundo o modelo anexo, ó director da EGAP e presentaranse no rexistro xeral da EGAP, r/ de Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, por correo ou telefax (número 57 15 40).

Os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión chamando por teléfono, en días laborables, ó seguinte número: (981) 57 08 00, Ext. 244-249, entre as 9 e as 14 horas.

Quinta.-Certificado de asistencia.

Os participantes que asistan con regularidade ó seminario poderán solicita-lo certificado de asisten

cia despois da clausura.

Sexta.-Profesorado.

Estará integrado por catedráticos e profesores universitarios españois e portugueses de recoñecido

prestixio expertos en materia de xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 1995.

Jaime Rodríguez Arana-Muñoz

Director da Escola Galega de Administración Pública