Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 1995 Páx. 3.129

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se declara de utilidade pública o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 3915 A.T.).

Visto o expediente incoado na sección de industria desta delegación provincial por petición de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), con domicilio Lugo, r/ Cidade de Viveiro, 4-1º, no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e conforme o disposto no Real decreto 2634/1980, do 31 de xullo, sobre transferencia de competencias da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria.

Esta delegación provincial resolveu autorizar a BEGASA a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes: liña de media tensión 20 kV, conductor LA-30, cunha lonxitude de 152 metros, apoios de formigón o torres metálicas, orixe en L.M.T. Lugo-Cuíña e final en C.T. Pena da Mula. Centro de transformación 160 kVA, 380/220 V, torre metálica. Liñas de baixa tensión, conductores RZ-95-50-25, apoios de formigón ou sobre fachada.

Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sanción en materia de instalacións eléctricas, e o seu regulamento de aplicación, do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites, que se sinalan no capítulo IV de citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Lugo, 4 de novembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo