Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 1995 Páx. 3.103

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente núniero S.X.P.A.: IN407A 95/20-2-Libro de rexistro: 4273 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, e no artigo 10 do Decreto 2819/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio, social: r/ Cidade deViveiro, 27000 Lugo.

Denominación: reelectrificación de río de Campos, Barreiros e outros.

Situación: A Pontenova.

Descricións técnicas: L.M.T. derivación a C.T. de río de Campos; L.M.T. a 20 kV, en conductor LA-56/54,6 mm, en apoios de formigón cunha lonxitude de 4.086 metros, L.M.T. derivación a C.T. de Zarro de Pedro; L.M.T. a 20 kV, en conductor LA-30/31,1 mm, en apoios de formigón cunha lonxitude de 239 metros. Centro de transformación de 50 kVA, en torre metálica ó final da L.M.T. Rede de baixa tensión, en conductor R.Z.95-50-25, en apoios de formigón ou grapados en fachada, no concello da Pontenova.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 16 de febreiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo