Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 1995 Páx. 3.103

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A.: IN407A 95/3-2-Libro de rexistro: 4259 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966 e declaración de utilidade pública, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: r/ Cidade deViveiro, 27000 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Triaba-III-fase.

Situación: Castro de Rei.

Descricións técnicas: liña media tensión a 20 kV, con conductor LA-56, 6 mm en apoios de formigón ou torre metálica, segundo a RU-6704A-cunha lonxitude de 402 metros, a L.M.T. derivación a C.T. de Pulleira e 624 metros a L.M.T. derivación a C.T. de Oucedo. Os centros de transformación serán de 50 kVA cada un en Pulleira e Oucedo. Rede de baixa tensión con conductor R.Z.-95-50-25, tensado en apoios de formigón ou grapado en fachada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 14 de febreiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo