Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 1995 Páx. 3.066

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso.

Obxecto: asistencia á deputación para a elaboración dun plan estratéxico para os concellos de Boiro, Lousame, Muros, Noia, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira e Serra de Outes.

Orzamento: 28.500.000. ptas.

Prazo de execución: 18 meses.

Fianza provisional: 570.000 ptas.

Fianza definitiva: 1.140.000 ptas.

Clasificación: grupo I, subgrupo 3, categoria B.

Proposicións. Documentación: presentaranse en 3 sobres pechados:

A) Sobre A: oferta económica.

No anverso, o sobre levará a mención «Proposición económica para tomar parte na contratación da asistencia á deputación para a elaboración dun plan estratéxico para os concellos de Boiro, Lousame, Muros, Noia, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira e Serra de Outes».

Dentro do sobre figurará a oferta económica axustada ó seguinte modelo:

D./Dª..., con domicilio en... rúa... nº... C.P... con DNI nº... actuando en nome propio (ou en representación de... con domicilio na rúa... no... C.P ...) toma parte no concurso convocado pola Deputación Provincial da Coruña para a elaboración dun plan estratéxico para os concellos de Boiro, Lousame, Muros, Noia, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira e Serra de Outes, e fai constar que coñece e acepta o prego de condicións e que se compromete a realiza-lo devandito traballo con suxeición ás referidas cláusulas no seguinte prezo... (IVE engadido).

O licitador (asinado e rubricado)

B) Sobres A) e B) contendo a documentación esixida na cláusula 10 do prego de condicións.

Proposicións: presentaranse na Sección do Patrimonio e Contratación entre as 9 e 13 horas dentro do prazo de 10 días a contar desde o día seguinte ó da última publicación no BOE, BOP ou DOG.

Apertura de plicas: terán lugar ás 12 horas do día seguinte hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas.

A Coruña, 12 de abril de 1995.

Salvador Fernández Moreda

Presidente

José Luis Almau Supervia

Secretario