Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 1995 Páx. 3.065

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO para a contratación por poxa de obras do concello de Santiago de Compostela (A Coruña).

Obxecto: é a execución da obra descrita no proxecto de pavimentación da pista estrada de Rodiño-Torreblanca cruzamento coa xeral Aríns-San Lázaro.

Tipo de licitación: 15.142.677 ptas. IVE incluído.

Prazo de execución: un mes.

Clasificación do contratista: grupo G, subgrupo 4, categoría b.

Forma de licitación: o contrato adxudicarase polo sistema de poxa.

Prazo e lugar de presentación das proposicións: as proposicións para poder tomar parte na licitación presentaranse no rexistro xeral do concello de 9 a 14 horas, dentro do prazo de vinte días hábiles a contar do día seguinte ó da última publicación do anuncio no BOP, DOG ou BOE, e en dous sobres pechados, que poderán ser lacrados e precintados, asinados polo licitador ou persoa que o represente, e coa documentación e requisitos esixidos no prego de condicións.

Apertura de plicas e adxudicación: a apertura dos sobre «A» e «B» titulados «0ferta económica» e «Documentación» respectivamente, das proposicións admitidas, terá lugar en acto público que se celebrará

na Casa do Concello ás doce horas do día hábil seguinte ó día en que termine o prazo de presentación de plicas.

Fianza provisional: 302.854 ptas.

Fianza definitiva: 605.707 ptas.

Modelo de proposición:

D./Dª... veciño/a..., con enderezo en (rúa/lugar, etc.)..., nº..., e DNI nº..., en plena posesión da súa capacidade xurídica e de obrar, tomo parte en nome propio (ou en representación de ...) na poxa convocada por... e publicada en... de data... para a execución das obras comprendidas no proxecto de... e para os seus efectos fai constar:

1) Que ofrece o prezo de... ptas., que significa unha baixa de ... ptas., en relación co tipo de licitación.

2) Que coñece e acepta cantas obligacións se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

En..., ... de... de 199...

O licitador

Prego e proxecto: poderá ser consultado no seguinte enderezo, rúa Nova de Abaixo, 19-21, Santiago de Compostela (A Coruña), teléfono (981) 59 33 85.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 1995.

O alcalde

Rubricado