Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 1995 Páx. 3.063

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CORRECCIÓN de erros.-Edicto do 3 de febreiro de 1995, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación dos montes Monte da Costa, Campiños Verdes e outros, pertencentes á comunidade veciñal de Figueirido, concello de Vilaboa.

Advertido erro no edicto do 3 de febreiro de 1995, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación dos montes Monte da Costa, Campiños Verdes e outros publicado no DOG nº 39 do 24 de febreiro de 1995 cómpre face-la seguinte corrección:

Engadi-la parcela Chan da Cruz que se corresponde coa seguinte descrición:

Parcela Chan da Cruz

Cabida: 67 ha

Lindes:

Norte: termo municipal de Pontevedra

Sur: predios particulares

Leste: M.V. de Figueirido

Oeste: M.V. de Vilaboa