Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 1995 Páx. 3.063

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso, da subministración de material para o desenvolvemento da campaña de saneamento no laboratorio de sanidade animal de Lugo (tubos de baleiro e agullas dun só uso).

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso:

Obxecto: adquisición de material para o desenvolvemento da campaña de saneamento no laboratorio de sanidade animal de Lugo (tubos de baleiro e agullas dun só uso), de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso.

Orzamento de licitación: dezanove millóns de pesetas (19.000.000 de ptas.).

Fianza provisional: trescentas oitenta mil pesetas (380.000 ptas.).

Fianza definitiva: setecentas sesenta mil pesetas (760.000 ptas.).

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto así como o prego de cláusulas administrativas particulares estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias (edificio administrativo, s/n, San Caetano, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela), ou en calquera das vías admitidas polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, antes das 14 horas do día 22 de maio de 1995.

A apertura de proposicións terá lugar o día 29 de maio de 1995, ás 12 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 1995.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes