Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 1995 Páx. 3.061

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1995, pola que se fai público o cambio de titularidade da concesión do servicio público regular permanente e de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-2696; XG-286 (provincia de Pontevedra).

Sebastián Vaamonde Tarrío, titular da concesión do servicio público regular permanente e de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-2696; XC-286, entre Santeles e A Estrada, e José Vaamonde Otero solicitaron o cambio de titularidade da citada concesión a favor deste último.

Esta dirección xeral resolveu autoriza-lo dito cambio de titularidade quedando subrogado o novo concesionario nos dereitos e obrigas do cedente fronte á Administración.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes