Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 1995 Páx. 3.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 10 de marzo de 1995, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifican liquidacións dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria, relativo ós contribuíntes que se citan (Alimentaria Castellano-Leonesa e corenta e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse as liquidacións relativas ós contribuíntes e conceptos cos datos e último domicilio coñecido é o que se indica e que foron dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

Os prazos para efectua-lo pagamento da débeda contraída son os sinalados no artigo 20 do Regulamento de recadación aprobado polo Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, os medios de pagamento establécense nos artigos 23 e seguintes do citado Regulamento de recadación.

Os recursos que se poden interpoñer son: reclamación económico-administrativa perante o Tribunal Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Vigo, r/ Lalín nº 2, ou o de reposición perante o Servicio de Xestión Tributaria desta delegación territorial, praza de Compostela nº 26, Vigo, ambos no prazo de quince días contados a partir da seguinte á data de publicación.

Vigo, 10 de marzo de 1995

Pedro Arboli Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA