Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 1995 Páx. 3.050

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 23 de marzo de 1995 pola que se dictan normas de procedemento para xestión das axudas previstas no Decreto 106/1994 do 21 de abril, da Xunta de Galicia e na Orde do 5 de outubro de 1994, do Ministerio de Traballo e Seguridade Social, pola que se regula a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social, a traballadores afectados por procesos de reestructuración de empresas.

Advertida a omisión dun anexo na citada orde, publicada no DOG nº 73, do 17 de abril de 1995, cómpre engadir, a continuación da páxina 2.842, o seguinte anexo:

ANEXO II

AVAL

A entidade... e no seu nome ... con poderes suficientes para obrigarse neste acto segundo resulta da escritura de poderes outorgada o... de... de ... ante o notario de ... co número... do seu protocolo ... avala a empresa ... de... co número... de código de conta de cotización á Seguridade Social, ante a Tesourería Xeral da Seguridade Social de e a favor dela ata a cantidade de... pesetas (en letra... pesetas), en concepto de garantía especial para responder das obrigacións asumidas pola dita empresa en relación coas axudas previas á xubilación ordinaria dos seus traballadores, concedidas por resolución da... do... de... de 19..., recaída no expediente instruído co número...

Este aval formalízase coa renuncia expresa ós beneficios de exclusión e división e terá validez desde... ata... (terá que poñerse como data un ano despois do vencemento da anualidade que se garanta) figurando inscrito no Rexistro Especial de Avales co número... con data... de... de...