Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 1995 Páx. 3.022

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas nos recursos contencioso-administrativos números, 1/240/95 e 1/241/95 interpostos por José Luis Domínguez Vázquez e outros.

Notificóuselle ó Servicio Galego de Saúde provindencia da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se admiten os recursos contencioso-administrativos números 1/240/95 e 1/241/95 (acumulados), interpostos por José Luis Domínguez Vázquez e outros contra a Resolución do 16 de decembro de 1994, desta dirección xeral (DOG nº 242, do 19 de decembro), pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de postos de traballo do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala sanitaria de atención primaria e especializada, subescala de atención primaria, clase de practicantes titulares.

En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan presentarse e comparecer en forma en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 1995.

Carlos Negreira Souto

Director xeral de Recursos Humanos