Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 1995 Páx. 3.018

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa María Elena Isabel Ulloa Fernández de Sanmamed, Casa Román.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa María Elena Isabel Ulloa Femández Sanmamed, Casa Román (código: 1502722) que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 10-3-1995, subscrito en representación da parte económica pola empresa e, da parte social, polo comité de empresa,

de conformidade co disposto do xa citado corpo legal, artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inserción no libro de Rexistro de Convenios Colectivos de Traballo, desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de marzo de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa María Elena Isabel

Ulloa Fernández de Sanmamed

Restaurante Casa Román

Ano 1995

Artigo 1º.-Ámbito persoal e funcional.

O presente convenio seralles de aplicación a tódolos traballadores que presten os seus servicios na empresa María Elena Isabel Ulloa Fernández de Sanmamed.

Artigo 2º-Vixencia, duración e prórroga.

Este convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1995, con independencia da súa publicación no BOP.

A súa duración será de un ano, ata o 31 de decembro de 1995.

Poderá ser denunciado por calquera das partes, con un mes de anticipación, como mínimo, á data do seu vencemento. Se non fose denunciado, entenderase prorrogado por períodos de un ano sucesivamente.

No caso de prórroga por un ano, efectuarase un aumento sobre o salario base equivalente ó incremento do IPC.

Artigo 3º-Compensación e melloras.

As melloras que se implantan neste convenio, así como as que se establezan no sucesivo, serán compensables e absorbibles ata onde alcancen os aumentos, melloras ou condicións superiores de calquera natureza que, fixadas por disposición legal, contrato individual ou concesión voluntaria, se poidan establecer no sucesivo.

Artigo 4º.-Retribucións.

Na táboa salarial anexa ó presente convenio especifícanse os salarios correspondentes ás distintas categorías profesionais.

Queda suprimido o sistema de salarios garantidos ou salarios fixos e porcentaxes de servicios na vixente regulamentación de hostelería do 28 de xaneiro de 1974.

A quen non faga uso do dereito de manutención incrementaráselle o seu salario mensual, por tal concepto, en 5.069 pesetas mensuais.

Artigo 5º.-Plus de transporte.

Establécese o dito plus, de contía fixa para tódalas categorías profesionais, co obxecto de compensa-los gastos de traslado ata o centro de traballo, segundo figura na táboa anexa en cómputo anual.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas establecidas neste convenio teñen a condición de mínimas, polo que os actos, cláusulas, condicións e situacións actuais implantadas que impliquen condicións máis beneficiosas que as aquí convidas subsistirán para aqueles traballadores que estivesen a desfrutalas.

Artigo 7.-Aumento por antigüidade.

Os premios por antigüidade, establecidos na vixente ordenanza de traballo, quedan de acordo coa seguinte escala:

1. Un 4% sobre o salario base ó cumprirse tres anos de servicio efectivo na empresa.

2. Un 9% ós 6 anos.

3. Un 17% ós 9 anos.

4. Un 29% ós 14 anos.

5. Un 41% ós 19 anos.

6. Un 48% ós 24 anos.

A partir dos 25 anos de servicio na empresa aumentarse un 2% anual ata o límite de 40 anos.

A data inicial para a determinación da antigüidade será á de ingreso na empresa, aínda que cambie por ascenso ou por calquera outro motivo de categoría profesional,

Artigo 8º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias de Nadal e xullo serán de 30 días dos salarios base para as distintas categorías establecidas neste convenio, incrementadas coa antigüidade, se é o caso.

No mes de setembro aboarase unha paga extra ordinaria consistente en 15 días de salario base e manutención, ademais da antigüidade, se é o caso.

Artigo 9º.-Vacacións.

O período de vacacións para todo o persoal será, como mínimo, de 30 días naturais anuais.

Con independencia das vacacións, os traballadores desfrutarán dos días non laborables legalmente establecidos.

Artigo 10º.-Xornada laboral.

A duración máxima da xornada de traballo será de 40 horas semanais de traballo efectivo.

Artigo 11º.-Dote por matrimonio.

O dote por matrimonio do persoal que contraia matrimonio consistirá no aboamento de un mes de salario base, incrementado coa antigüidade, se é o caso, por cada ano de servicio, dun máximo de seis.

Este dereito afectará unicamente ós traballadores que, ó contraeren matrimonio, rescindan o seu contrato de traballo.

Tanto o persoal masculino como feminino que leve un ano de servicio na empresa e contraia matrimonio continuando nela percibirá, en concepto de dote, unha mensualidade do salario base máis a antigüidade, se é o caso.

No suposto de que o dito persoal non permanecese na empresa un ano máis a partir da data do matrimonio, descontaráselle na liquidación que lle corresponda, a cantidade que percibise por tal concepto.

Artigo 12º.-Premio por natalidade.

Establécese un premio de 10.000 pesetas por fillo nacido, para o pai ou a nai que leve, polo menos, un ano ó servicio da empresa. Se ambos traballasen nela, só terá dereito a percibilo un deles.

Artigo 13º.-Póliza de seguros de accidentes persoais.

Todo traballador goza dunha cobertura por accidentes persoais consistente nunha póliza de seguros que garante unha suma de 2.000.000 de pesetas para o caso de falecemento e de 4.000.000 de pesetas por invalidez permanente.

Artigo 14º.-Licencias.

Sen perda de ningunha retribución, a empresa concederá licencias nos casos seguintes e coa duración de:

1. 15 días por matrimonio do traballador.

2. 4 días, por enfermidade grave do cónxuxe, pais, fillos e familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

3. 4 días por parto da esposa.

4. 4 días pola morte do cónxuxe, pais, fillos ou familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

5. 1 día (se é dentro da provincia) ou 3 días (se é fóra dela), respecto da voda de fillos ou irmáns, e bautizos e primeiras comuñóns dos mesmos.

6. 4 dias en caso de intervención cirúrxica grave do pai, nai, fillos esposa ou familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

7. 1 día por traslado do domicilio habitual.

Artigo 15º.-Excedencias.

O traballador cunha antigüidade na empresa de, polo menos, un ano terá dereito a que se lle recoñeza a situación de excedencia voluntaria por un período máximo de 5 anos, sen que, en ningún caso, se poida producir tal situación nos contratos de duración determinada.

O traballador deberá reuni-las condicións seguintes:

a) Contar cunha antigüidade na empresa superior a un ano. A concesión outorgarase dentro do prazo de un mes a partir da data da súa petición.

b) A excedencia terá unha duración mínima de seis meses e máxima de 5 anos, concedéndose polo tempo solicitado.

c) O traballador que se desexe incorporar ó seu posto de traballo notificarallo á empresa con un mes de anticipación á data en que expire o prazo.

d) Perderá o dereito á incorporación ó seu posto de traballo todo aquel excedente que en tal período de tempo preste servicios por conta allea, en calquera posto de traballo dentro do territorio nacional en empresas comprendidas na Ordenanza Nacional de Traballo de Hostelería.

e) Se a empresa dese emprego a outro traballador para substituí-lo excedente, aquel terá a condición de interino, causando baixa ó se reincorpora-lo substituído. Se este non se incorporase no prazo e condicións sinaladas, cesaría definitivamente na empresa e o interino, adquiriría a condición de fixo.

f) Os trabálladores terán dereito a un período de excedencia, non superior a tres anos para atende-lo coidado de cada fillo, contado desde a data de nacemento deste. Os fillos sucesivos darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso, poría fin á que estivese desfrutando. Cando a nai e o pai traballen, só un deles poderá exercer este dereito.

g) Así mesmo poderán solicita-la situación de excedencia os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior e mentres dure o exercicio do seu mandato.

h) Para acollerse a outra excedencia voluntaria, o traballador deberá cubrir un novo período de, polo menos, catro anos de servicios efectivos na empresa.

i) A excedencia concederase sen dereito ningún a retribución e o tempo que dure non será computable para ningún efecto. '

Artigo 16º-Servicio militar ou civil substitutorio.

Os traballadores cunha antigüidade mínima de un ano que se tivesen que incorporar ó servicio militar terán reservado o seu posto de traballo e se deberán reintegrar durante os dous meses seguintes á data do seu licenciamento.

Os traballadores que leven dous anos na empresa ou tres temporadas de verán ou inverno consecutivamente terán dereito a percibir dúas gratificacións extraordinarias, unha en verán (no mes de xullo) e outra en inverno (no mes de decembro) da mesma contía que a que percibirían se se encontrasen en activo. Estas gratificacións cobraranse con independencia das cantidades que os traballadores tivesen percibido en concepto de liquidación das partes proporcionais das pagas extraordinarias ó se incorporaren ó servicio.

Artigo 17º.-Complemento por enfermidade ou accidente.

En caso de enfermidade ou accidente, a empresa incrementará as prestacións da Seguridade Social ata o 100% do salario base máis a antigüidade e a manutención, se é o caso. Esta prestación manterase por un período máximo de 12 meses.

Así mésmo, os períodos de enfermidade ou accidente de traballo non se terán en conta para deduci-lo período de vacacións.

Artigo 18º.-Premio de xubilación e auxilio de defunción.

En caso de falecemento do traballador ou traballadora, concederáselle á viúva, viúvo ou fillo un auxilio de defunción na seguinte contía e forma:

1º. Por 5 anos de servicio, unha mensualidade.

2º. Por 10 anos de servicio, dúas mensualidades.

3º. Por 20 anos de servicio, tres mensualidades.

4º. Por 25 anos de servicio, catro mensualidades.

O persoal que non leve os 5 anos de servicio na empresa pagaráselle a parte proporcional ó tempo traballado na contía de 6 dias por ano de servicio.

O producirse a xubilación dun traballador que leve como mínimo 15 anos de servicio na empresa, percibirá dúas mensualidades, incrementadas con tódolos emolumentos inherentes a elas e unha mensualidade máis por cada 5 anos que exceda dos 15 de referencia.

Artigo 19º.-Prazos de preaviso.

Os prazos de preaviso nos casos de cesamentos voluntarios dos traballadores serán de 20 días para o xefe de cociña e de 10 días para o resto do persoal.

O incumprimento destes prazos por parte dos traballadores dará lugar á perda do que lles puidera corresponder polas partes proporcionais de xuño e Nadal.

Artigo 20º.-Día da patrona.

O día 29 de xullo, festividade de Santa Marta, considerarase festivo para os efectos laborais con opción por parte da empresa de podela substituír por pagamento en metálico co fin de mante-lo seu normal funcionamento. A substitución en metálico será a que corresponda ó traballador polo seu salario base máis a antigüidade, se ó o caso, sobre unha xornada normal

Artigo 21º-Dereitos sindicais.

As garantías sindicais que no artigo 68 do Estatuto dos traballadores se establecen para os delegados de persoal e membros do comité de empresa esténdense ós candidatos a aqueles postos, e durante os seis meses, seguintes de celebradas as eleccións as que se presentaron na súa calidade ou condición de candidatos.

Artigo 22º-Comisión paritaria.

Para a vixilancia, interpretación, aplicación e arbitraxe deste convenio, crearase unha comisión paritaria integrada por representantes da empresa e traballadores.