Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 1995 Páx. 3.008

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIMIANZO

APROBACIÓN inicial dunha modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal.

Aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria do día vintecatro de febreiro de mil novecentos noventa e cinco, a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal no núcleo de Baíñas, sométese a información pública, polo prazo de un mes, contado desde o día seguinte ó de publicación derradeira do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, BOP e o diario La Voz de Galicia.

Durante este tempo poderá examina-lo expediente calquera que o desexe e formula-las alegacións, xestións ou observacións que considere pertinentes.

Vimianzo, 2 de marzo de 1995.

Alejandro Rodríguez Lema

Alcalde