Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 1995 Páx. 3.008

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIANA DO BOLO

EDICTO do 6 de marzo de 1995 polo que se anuncia o prego de condicións que rexerá a contratación, por concurso, do servicio de recadación de impostos, taxas e prezos, públicos do Concello de Viana do Bolo.

No BOP de Ourense nº 266, do 21 de novembro de 1994, publícase o prego de condicións que rexerá a contratación, por concurso, do servicio de recadación de impostos taxas e prezos públicos do concello de Viana do Bolo, en no número 22, do 27

de xaneiro de 1995, a rectificación do punto nº 4 (prazos) e do punto no 5 d (valoración de méritos).

É obxecto do concurso a adxudicación da xestión do servicio de recadación do concello de Viana do Bolo, coa finalidade de proceder ó cobro dos impostos, taxas e prezos públicos que teñan establecidos ou se establezan no concello, en período voluntario e executivo.

Poderán concorrer ó concurso e presentar proposicións as persoas naturais e xurídicas con capacidade xurídica e de obrar, non comprendidas nas causas de excepción e incompatibilidades sinaladas pola lexislación vixente, con aplicación directa ou supletoria á contratación local.

Os restantes anuncios relacionados con este concurso publicaranse no BOP de Ourense.

Viana do Bolo, 6 de marzo de 1995.

Neftalí Prieto Barrios

Alcalde