Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 1995 Páx. 3.002

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 1995, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se anuncia o concurso público número 2CCP/95 para a adquisición de equipos de administración de fluídos.

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde da Coruña, en vírtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 15-9-1994 do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público para a adquisición de equipos de administración de fluídos.

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde, Dirección Provincial da Coruña, r/ Durán Loriga nº 3, 4º andar, teléfono (981) 18 56 00, fax (981) 18 56 78.

2. Modalidade da adxudicación: concurso público.

3.a) Lugar da entrega da subministración: as entregas do material para cada hospital faranse nos lugares de almacenamento que cada un deles indique á adxudicación.

b) Natureza e cantidade dos prductos que se deban subministrar: equipos de administración de fluídos (ver anexo II).

Orzamento total: vinteoito millóns seiscentas cincuenta mil pesetas (28.650.000 ptas.), IVE engadido.

e) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por parte e/ou polo conxunto da subministración requirida: a licitación versará sobre a totalidade dos lotes, ou sobre cada un deles.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: ve-lo anexo de condicións especiais.

5.a) Nome e enderezo do servicio ó que se pode solicita-los documentos pertinentes: ve-lo punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude, 9 de maio de 1995.

6.a) Data límite da recepción das ofertas: 16 de maio de 1995.

b) Enderezo á que deben dirixirse: ve-lo punto número 1.

e) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7.a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: 10 horas no enderezo que se sinale no punto 1. 29 de maio de 1995.

8. Fianzas e garantías esixidas: fianza provisional previa, equivalente ó 2% do orzamento de licitación do lote ou lotes ós que se presente a empresa ofertante. Unha vez adxudicados os lotes, os adxudicatarios deberán constituír unha fianza definitiva do 4% do orzamento de licitación dos lotes que lles foron adxudicados.

9. Modalidades esenciais de pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: o pagamento será realizado pola Tesourería da Xunta do Galicia, logo de certificación de conformidade das entregas emitidas por cada hospital destinatario da subministración.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Outras informacións: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Data de envío do anuncio á oficina das publicacións oficiais das comunidades europeas: 4 de abril de 1995.

16. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais correrá pola conta do adxudicatario,

A Coruña, 21 de marzo de 1995.

Antonio V. Martínez Calvo

Director provincial da Coruña