A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 15-9-1994 do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público para a adquisición de tubos de baleiro.
1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde, Dirección Provincial da Coruña, r/ Durán Loriga nº 3, 4º andar, teléfono (981) 18 56 00, fax (981) 18 56 78.
2. Modalidade da adxudicación: concurso público.
3.a) Lugar da entrega da subministración: as entregas do material para cada hospital faranse nos lugares de almacenamento que cada un deles indique á adxudicación.
b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: tubos de baleiro (ver anexo II).
Orzamento total: trinta millóns duascentas trinta e oito mil oitocentas pesetas (30.238.800 ptas.), IVE engadido.
c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por parte e/ou polo conxunto da subministración requirida: a licitación versará sobre a totalidade dos lotes, ou sobre cada un deles.
4. Prazo de entrega eventualmente imposto: ve-lo anexo de condicións especiais.
5.a) Nome e enderezo do servicio ó que se pode solicita-los documentos pertinentes: ve-lo punto 1.
b) Data límite para efectuar esta solicitude: 8 de maio de 1995.
6.a) Data límite da recepción das ofertas: 15 de maio de 1995.
b) Enderezo á que deben dirixirse: ve-lo punto número 1.
e) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.
7.a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.
b) Data, hora e lugar da dita apertura: 10 horas no enderezo que se sinala no punto 1. 26 de maio de 1995.
8. Fianzas e garantías esixidas: fianza provisional previa, equivalente ó 2% do orzamento de licitación
do lote ou lotes ós que se presente a empresa ofertante. Unha vez adxudicados os lotes, os adxudicatarios deberán constituír unha fianza definitiva do 4% do orzamento de licitación dos lotes que lles foran adxudicados.
9. Modalidades esenciais de pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: o pagamento se realizado pola Tesourería da Xunta de Galicia, logo de certificación de conformidade das entregas emitidas por cada hospital destinatario da subministración.
10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores.
11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.
13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares.
14. Outras informacións: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares.
15. Data de envío do anuncio á oficina das publicacións oficiais das comunidades europeas: 3 de abril de 1995.
16. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais correrá pola conta do adxudicatario.
A Coruña, 21 de marzo de 1995.
Antonio V. Martínez Calvo
Director provincial da Coruña