Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 1995 Páx. 3.000

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1995, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Lugo, pola que se anuncia a toma de posesión dos predios de reemprazo na zona de Camoira (Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Camoira (Lugo), que co obxecto de que tomen posesión delas, póñense a disposición dos respectivos propietarios os predios de reemprazo, fixándose como data límite, para a dita toma de posesión, o 20 de marzo de 1995, a falta de acordo do propietario delas e o novo adxudicatario do predio en que se atopen.

Segundo establece o artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, do 14 de agosto de 1985, no prazo de trinta días hábiles, contados desde o 21 de marzo de 1995, os interesados poderán reclamar, acompañando dictame pericial de todos e cada un dos predios, sobre diferencias superiores ó dous por cento, entre a cabida real dos novos predios e a que consta no expediente de concentración.

De acordo co artigo 45 da devandita lei, o propietario que non permita a toma de posesión dos predios será obxecto de compulsión directa, logo de apercibimento ou instrucción dun expediente incoado para o efecto.

Así mesmo, ponse en coñecemento de todos, que a posesión dos predios de reemprazo outorga a aqueles que no acordo de concentración figuren como adxudicatarios, os medios de defensa establecidos polas leis. Advírtese que todo aquel que non abandone a posesión na data antes fixada poderá verse privado das colleitas, a falta de acordo co adxudicatario.

Lugo, 2 de marzo de 1995.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Estructuras e

Desenvolvemento Rural de Lugo