Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 1995 Páx. 3.000

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación da solicitude do permiso de investigación Ana nos concellos de Oia, Tomiño e O Rosal, por parte de Manuel Lomba Domínguez.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra, fai saber que Manuel Lomba Domínguez, con domicilio en Torrón, Tomiño, presentou nesta delegación provincial o día 26-7-1994, instancia-solicitude do permiso de investigación Ana de 30 cuadrículas mineiras para recursos da sección C), que se sitúa nos concellos de Oia, Tomiño e O Rosal, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2684 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 49' 20"41 59' 00"

Vértice 28º 47' 40"41 59' 00''

Vértice 38º 47' 40"41 57' 00''

Vértice 48º 49' 20''41 57' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiro.

O que se fai público, para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 14 de febreiro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra