Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 1995 Páx. 2.971

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 1995, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a licitación mediante contratación directa -tramitación urxente- das obras de renovación integral e mellora da drenaxe do terreo de xogo do estadio do Miño (Lugo).

A Secretaría Xeral para o Deporte, cumpridos os trámites administrativos pertinentes resolveu anuncia-la contratación directa -mediante tramitación de urxencia- das obras que a continuación se identifica:

Provincia de Lugo.

1. Obra obxecto do concurso: renovación integral e mellora da drenaxe do terreo de xogo do estadio do Miño (Lugo).

a) Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 6, categoría d.

b) Orzamento de execución por contrata: vinteún millóns catrocentas dezasete mil cento sesenta e sete pesetas ( 21.417.167 ptas.).

c) Prazo de execución: dous (2) meses.

Exposición dos pregos de cláusulas e proxectos técnicos: os pregos de cláusulas administrativas e mailos proxectos técnicos, poderán examinarse no Servicio de Infraestructura Deportiva da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos, San Lázaro, Santiago de Compostela), durante o prazo de presentación, desde as 10 ata ás 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións: o prazo de presentación de proposicións remata ás 13 horas do décimo quinto día hábil a partir do seguinte ó da súa publicación no DOG.

Lugar: a presentación de proposicións efectuarase no rexistro xeral da Secretaría Xeral para o Deporte, (estadio multiusos, San Lázaro, Santiago de Compostela), ou no rexistro xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela), en sobre pechado, ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

As proposicións axustaranse ó modelo establecido que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares, anexo I.

Cando as proposicións se envien por correo o remitente deberá xustifica-la data na que efectúa o envío na oficina de correos e comunicar ó órgano de contratación a súa remisión mediante telefax ou telegrama, dentro da data e horas establecidas como prazo de presentación. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade ó prazo sinalado neste anuncio.

Apertura de proposicións: será efectuada pola comisión encargada da apertura das proposicións desde as 12 horas do seguinte día hábil ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte no estadio multiusos de San Lázaro, Santiago de Compostela.

Fianzas provisionais: os contratistas que acrediten a clasificación requirida para concorrer á licitación en cada unha das obras citadas, quedan dispensados da obriga de prestar fianza provisional ó abeiro do disposto no artigo 341 do Regulamento xeral de contratación do Estado e Real decreto 1883/1979, do 1 de xuño.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: a esixida nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

A documentación que sexa aportada polos licitadores débeo ser en documentos orixinais ou ben con compulsa administrativa efectuada diante da Secretaría Xeral para o Deporte ou autenticada por notario.

Os poderes de representación deberán ser validados polos letrados da Asesoría Xurídica da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Serán de cargo do/s adxudicatario/s o custe da publicación da presente resolución no Diario Oficial

de Galicia e o da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 1995.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA