Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 1995 Páx. 2.970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 1995, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a licitación mediante concurso público aberto -tramitación urxente- das obras de construcción dun pavillón polideportivo no campus universitario no concello de Ferrol (A Coruña), e dúas máis incluídas nos convenios de cooperación sobre instalacións deportivas Xunta de Galicia-Deputación Provincial da Coruña.

A Secretaría Xeral para o Deprote, cumpridos os trámites administrativos pertinentes resolveu anuncia-los concursos públicos abertos -mediante tramitación de urxencia- das obras que a continuación se identifican:

Provincia da Coruña:

1. Obra obxecto do concurso: construcción dun pavillón polideportivo no campus universitario no concello de Ferrol (A Coruña).

a) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo todos, categoría d.

b) Orzamento de execución por contrata: setenta e cinco millóns setenta mil setecentas trinta e catro pesetas (75.070.734 ptas.).

c) Prazo de execución: doce (12) meses.

2. Obra obxecto do concurso: reforma do campo de futbol das Cancelas no concello de Santiago de Compostela (A Coruña).

a) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo todos, categoría d. Grupo A, subgrupo 2, categoría d.

b) Orzamento de execución por contrata: cento corenta e catro millóns seiscentas noventa e sete mil seiscentas noventa pesetas (144.697.690 ptas.).

c) Prazo de execución: doce (12) meses.

3. Obra obxecto do concurso: bancadas e pistas de atletismo no concello de Cee (A Coruña).

a) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo todos, categoría d. Grupo A, subgrupo 2, categoría d.

b) Presupuesto execución por contrata: corenta e catro millóns cento dezaoito mil setecentas corenta e seis pesetas (44.118.746 ptas.).

c) Prazo de execución: seis (6) meses.

Exposición dos pregos de cláusulas e proxectos técnicos: os pregos de cláusulas administrativas e mailos proxectos técnicos, poderán examinarse no Servicio de Infraestructura Deportiva da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos, San Lázaro, Santiago de Compostela), durante o prazo de presentación, dende as 10 ata ás 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións: o prazo de presentación de proposicións remata ás 13 horas do décimo quinto día hábil a partir do seguinte ó da súa publicación no DOG.

Lugar: a presentación de proposicións efectuarase no rexistro xeral da Secretaría Xeral para o Deporte, (estadio multiusos, San Lázaro, Santiago de Compostela), ou no rexistro xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela), en sobre pechado, ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

As proposicións axustarnase ó modelo establecido que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares, anexo I.

Cando as proposicións se envien por correo o remitente deberá xustifica-la data na que efectúa o envío na oficina de correos e comunicar ó órgano de contratación a súa remisión mediante telefax ou telegrama, dentro da data e horas establecidas como prazo de presentación. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade ó prazo sinalado neste anuncio.

Apertura de proposicións: será efectuada pola Mesa de Contratación dende as 9.30 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte no estadio multiusos de San Lázaro, Santiago de Compostela.

Fianza provisionais: os contratistas que acrediten a clasificación requirida para concorrer á licitación en cada una das obras citadas, quedan dispensados da obriga de presentar fianza provisional ó abeiro do disposto no artigo 341 do Regulamento xeral de contratación do Estado e Real decreto 1883/1979, do 1 de xuño.

Naquelas obras nas que non se esixa clasificación, os contratistas que posúan e aporten, voluntariamente, tal documento quedarán eximidos, igualmente de prestaren fianza provisional.

Os empresarios non clasificados deberán prestar fianza provisional por importe do 2% do orzamento de execución por contrata das mesmas.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: a esixida nos pregos de cláusulas administrativas particulares, conforme as indicacións seguintes:

Cando un propoñente presente proposicións económicas para máis de unha das obras incluídas na presente resolución deberá presentar un sobre A e B común para todas elas que conterá a documentación requirida no prego e identificará na súa carátula as obras nas que se pretende que surta efectos.

Non obstante o anterior, presentarase un sobre A por cada obra á que concorra, na que só se deberá introduci-la acreditación da verificación suficiente representación e a clasificación empresarial posuída.

A documentación que sexa aportada polos licitadores debe ser en documentos orixinais ou ben con compulsa administrativa efectuada diante da Secretaría Xeral para o Deporte ou autenticada por notario.

Os poderes de representación deberán ser verificados polos letrados da Asesoría Xuridíca da Consellería da Presidencia e Administrción Pública.

Serán de cargo do/s adxudicatario/s o custe da publicación da presenta resolución no Diario Oficial de Galicia e o da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 1995.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte