Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 1995 Páx. 2.961

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 1995 pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo, número 01/0000227/1995, interposto por María Belén del Río Bouza.

Recibida da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 01/0000227/1995, interposto polo recorrente contra relación definitiva de participantes no concurso de méritos para o acceso ó corpo de mestres do 7-2-1995 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sobre outorgamento á recorrente de un punto no apartado de experiencia docente.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se lles notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer como parte en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 9 días.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 1995.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e

Ordenación Universitaria