Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 1995 Páx. 2.932

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa con admisión previa, das obras de captación, distribución, rede de sumidoiros e pavimentación en Chao e Forcadas (concello de Chandreixa de Queixa-Ourense) e catro máis.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de poxa con admisión previa.

Obxecto: contratación da execución das obras que figuran na relación adxunta, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso. O orzamento, prazo de execución das obras e clasificación dos contratistas, serán os que, así mesmo, se sinalan na relación.

Fianza provisional: exenta.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto así como o prego de cláusulas administrativas particulares estarán a disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentacion e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela), ou en calquera das vías admitidas polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, antes das 14 horas do día 16 de maio de 1995.

A apertura de proposicións terá lugar o día 23 de maio de 1995, ás 12 horas; nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

1. Captación, distribución, rede de sumidoiros e pavimentación en Chao e Forcadas (concello de Chandreixa de Queixa-Ourense): X-2775 (Nº 212).

Orzamento: 27.067.947 ptas.

Prazo de execución: 10 meses.

Clasificación: categoría C, grupo E, subgrupo 1.

2. Abastecemento de auga potable ós núcleos de Pontella e Santiso (Malpica de Bergantiños-A Coruña): X-2906 (Nº 213)

Orzamento: 21.383.704 ptas.

Prazo de execución: 10 meses.

Clasificación: categoría C, grupo E, subgrupo 1.

3. Canalización de augas de rego no concello da Peroxa (Ourense): X-3016 (Nº 214).

Orzamento: 13.930.801 ptas.

Prazo de execución: 10 meses.

Clasificación: non é necesaria.

4. Abastecemento de augas ó municipio de Sandiás (Ourense): X-3053. (Nº 215).

Orzamento: 35.304.348 ptas.

Prazo de execución: 10 meses.

Clasificación: categoría C, grupo E, subgrupo 7.

5. Depuración de vertidos en varios núcleos do concello de Baltar (Baltar-Ourense): X-3096. (Nº 216).

Orzamento: 25.371.065 ptas.

Prazo de execución: 10 meses.

Clasificación: categoría C, grupo E, subgrupo 7.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 1995.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes