Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 1995 Páx. 2.932

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 1995 pola que se anuncia concurso público para a realización dun estudio sobre o sector artesanal en Galicia e como consecuencia do estudio a edición dunha Guía de Artesanía de Galicia e un Catálogo de Comercialización.

A Consellería de Industria e Comercio convoca o seguinte concurso público:

Obxecto: realización dun estudio sobre o sector artesanal en Galicia e como consecuencia do estudio a edición dunha Guía de Artesanía de Galicia e un Catálogo de Comercialización.

Orzamento: vintecatro millóns de pesetas (24.000.000 de ptas.).

Documentos de interese para os licitadores: os pregos de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto e a disposición dos interesados para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina, na Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, sita en San Caetano, edificio administrativo, nº 5-4º andar, Santiago de Compostela.

Presentación de proposicións: as proposicións dirixiranse en calquera dos modos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado á Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio, no prazo de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de pregos: a apertura de pregos terá lugar na Consellería de Industria e comercio ás once horas do décimo primeiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións, ou se este fose sábado, posporase ó primeiro día hábil.

Clasificación esixida: subgrupo 4º do grupo I da categoría B, e o subgrupo 8º do grupo III da mesma categoría.

Documentos que deben presenta-los licitadores: os indicados na cláusula 8º do prego de cláusulas administrativas.

Fianza provisional: será do dous por cento (2%) sobre o tipo de licitación, catrocentas oitenta mil pesetas (480.000 ptas.).

Prazo de execución: será dis seis meses contados a partir da sinatura do contrato.

O importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 1995.

P.D. (Orde 18-05-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria e

Comercio