Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 1995 Páx. 2.931

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 107/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha des

viación liñas de media tensión e baixa tensión que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: entre os p.k. 2,300 e 21,200 comprendidos nos concellos de Pontevedra, Cotobade, Cerdedo e Forcarcei.

Finalidade da instalación: mellora do trazado da estrada N-541 Ourense-Pontevedra.

Características principais: liñas de M.T., aéreas, de 1.549 m de lonxitude, con conductores tipo LA-110 sobre apoios de formigón. Redes de B.T. de 600 m de lonxitude, con conductores tipo R.Z. sobre apoios de formigón.

Orzamento: 11.652.893 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 8 de marzo de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra