Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 1995 Páx. 2.931

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 106/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. e C.T. que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o C.T. existente na Romana, alimentado en bucle ó C.T. proyectado en A Romana II ata o C.T. existente na Romana, concello de Nigrán.

Finalidade da instalación: mellora-la distribución eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., soterrada, a 21 kV, de 580 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 20 kV-398/230 V.

Orzamento: 11.155.328 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 8 de marzo de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra