Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 1995 Páx. 2.917

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Fomento de Construcciones y Contratas, S.A. (persoal de L. V. e R.B.U. de Nigrán).

Visto el expediente de revisión salarial del convenio colectivo para la empresa Fomento de Construcciones y Contratas, S.A. (persoal de L.V. e R.B.U. de Nigrán), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 14-2-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social polo delegado de personal, o día 25-1-1995. De conformidade co disposto no artigo 19 do texto do convenio colectivo, artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta dele

gación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no Libro de Rexistro de Convenios Colectivos de Traballo, obrante nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da Comisión Negociadora.

Segunda-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (S.M.A.C.).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 14 de marzo de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

ACTA

En Vigo o 25 de xaneiro de 1995, ás 11.30 horas reúnese o delegado de persoal cos representantes da empresa co obxecto de aproba-la táboa salarial aplicable ó persoal de L.V. e R.B.U. de Nigrán, revisada segundo o estipulado no vixente convenio colectivo no seu artigo 19, e cifrada esta revisión nun incremento do 4,3% sobre a táboa vixente en 1994.

Ámbalas dúas partes acordan asinar e da-la súa conformidade á táboa revisada e a súa posterior remisión á Consellería de Traballo para efectos de rexistro. Así mesmo asínase o calendario laboral para o ano 1995, que se exporá no taboleiro de anuncios.

Igualmente increméntanse na porcentaxe citada do 4,3% os diferentes conceptos, incluídos no vixente, convenio, e que teñen prevista unha revisión para o ano 1995, e que son os seguintes:

1. Artigo 17. Festivos traballados:

Aboarase a razón de 2.086 ptas.

2. Artigo 18. Axudas de custo:

Axuda de custo completa: 5.215 ptas./día.

Media axuda de custo: 2.608 ptas./día.

3. Artigo 38. Axuda familiar:

Queda establecida para 1995 en 4.694 ptas./mes.

Sen máis asuntos que tratar, levántase a reunión ás 12 horas e 30 minutos.