Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 1995 Páx. 2.915

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Nestlé España, S.A.

Visto o expediente do convenio, colectivo para a empresa Nestlé España, S.A., situada na provincia de Pontevedra, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 10-3-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social polo comité de empresa en data 2-3-1995. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, a Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta

delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (S.M.A.C.).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 14 de marzo de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Modificacións acordadas nas retribucións do capítulo V e conceptos económicos do capítulo VII do vixente convenio colectivo de Nestlé España, S.A. (antes Sociedad Nestlé A.E.P.A.), fábrica de Pontecesures.

Os valores dos seguintes artigos do convenio colectivo quedan modificados para o ano 1995 na forma que a continuación se expresa:

Artigo 18º.-Salarios.

As retribucións quedan establecidas conforme se indica no anexo I que substitúe o anterior.

Artigo 19º.-Antigüidade.

Os aumentos periódicos por anos de servicio serán, sen distinción de categorías, a razón de 3.207 ptas. por cuadrienio en cada unha das doce mensualidades e tres gratificacións extraordinarias.

Artigo 20º.-Gratificacións extraordinarias.

3) Fíxase unha gratificación denominada de abril, que se percibirá no devandito mes, correspondentes a un 4,5% do total anual fixado nas táboas salariais a que fai referencia o artigo 18º. A mencionada gratificación está incluída no cómputo do total anual citado.

Artigo 21º.-Horas extraordinarias.

Os importes das horas extraordinarias quedan establecidos conforme se indica no anexo Il que substitúe o anterior.

Artigo 22º.-Plus de nocturnidade.

Os importes sinalados neste artigo establécense como segue:

Apartado 1): 1.983.

Apartado 2): 1.175.

Artigo 23º.-Plus dominical.

Os importes deste artigo establécense como segue:

Apartado 3):

-Primeiro domingo ou festivo traballado: 3.000.

-Domingo ou festivo consecutivo traballado: 4.696.

Apartado 4): 2.113.

Artigo 23º bis.-Absentismo.

Co obxecto de fomenta-la diminución do absentismo, quedan fixados para o persoal obreiro os incentivos que se detallan, pagadeiros por meses

ó mes seguinte do prazo vencido, de acordo co seguinte baremo:

O índice de absentismo do persoal obreiro por tódolos conceptos está comprendido:

Entre o 4,51% e o 5,5% aboaranse 2.452 ptas. brutas.

Entre o 4,01% e o 4,5% aboaranse 4.904 ptas. brutas.

Entre o 3,51% e o 4,0% aboaranse 7.356 ptas. brutas.

Entre o 3,01% e o 3,5% aboaranse 9.808 ptas. brutas.

Entre o 0,00% e o 3,5% aboaranse 12.260 ptas. brutas.

Artigo 27º.-Axuda durante o servicio militar.

O importe deste artigo establécese en 21.200 ptas. brutas.

Artigo 28º.-Axudas por xubilación, invalidez permanente ou falecemento.

0 importe deste artigo establécese en 14.150 pesetas netas por ano de servicio, cun mínimo de 212.250 pesetas netas.

Artigo 30º.-Axuda para gardería.

O importe deste artigo establécese en 9.110 pesetas brutas mensuais.

Artigo 31º.-Axuda por minusvalidez.

O importe deste artigo establécese en 16.000 pesetas brutas mensuais.

Artigo 32º.-Obsequio por nupcialidade.

O importe deste artigo establécese en 21.200 pesetas brutas.

Artigo 33º.-Obsequio por natalidade.

O importe deste artigo establécese en 13.500 pesetas brutas.

Artigo 36º.-Obsequio por anos de servicio.

Os importes deste artigo establécense nas seguintes cantidades:

25 anos: 115.000 pesetas.

40 anos: 170.000 pesetas.

50 anos: 225.000 pesetas.

Artigo 44º.-Disposición derradeira.

De conformidade co legalmente establecido, sinálase que o presente convenio colectivo foi negociado polas partes que a seguir se detallan:

-Polos representantes da empresa:

Susana Sinaí Crespo.

Ramón Aloy Mora.

José Manuel Carregal Diéguez.

José López Pérez.

-En representación dos traballadores por:

Mª José Justo Ferreiro.

Mª Virginia Arines Rodiño.

Leonardo Cobas Pena.

Arturo Ferro González.

Ramón Calvo Fernández.

Luis Martínez Paredes.

José Carlos Caamaño Vázquez.

Fernando Fernández Boado.

Ramón Cheda Framil.

A comisión deliberadora, por unanimidade, aproba as modificacións antes expresadas ó vixente convenio colectivo, permanecendo inalterados os restantes artigos del e, en proba do acordo acadado, tódolos compoñentes dela, dando por terminadas as negociacións, asinan este documento en Santiago de Compostela o dous de marzo de mil novecentos noventa e cinco.