Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 1995 Páx. 2.912

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se resolven os recursos ordinarios número 59/1994 e nove máis, contra o acordo da Comisión Provincial de Urbanismo de Lugo, do 5 de novembro de 1993, polo que se outorgou a aprobación definitiva ó expediente de adaptación e revisión do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ribadeo.

De conformidade co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase a resolución dictada por José Cuíña Crespo, conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, no día 14 de marzo de 1995, pola que se resolven os recursos ordinarios números 59/1994, interposto por Angustias Álvarez Álvarez; 60/1994, interposto por Antonio Díaz Teijido; 61/1994, interposto por Aurora Álvarez Álvarez; 62/1994, interposto por José Álvarez Álvarez; 94/1994, interposto por Elisa Fernández Rodríguez; 95/1994, interposto por José Ramón Rodríguez Sabugo Fernández ; 107/1994, interposto por Jesús Carcía Oliveros; 108/1994, interposto por Evaristo Lombardero Rico e outros; 215/1994, interposto por Baltasar López Fernández e outros; e 216/1994, interposto por José Antonio Peña Alonso en representación da asociación de veciños Virxe de Vilaselán, de Ribadeo, interpostos contra o acordo

da Comisión Provincial de Urbanismo de Lugo, do 5 de novembro de 1993, polo que se outorgou a aprobación definitiva ó expediente de adaptación

e revisión do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ribadeo, da que a parte dispositiva di:

«Primeiro.-Declarar inadmisibles por extemporáneos os recursos números 94/1994, interposto por Elisa Fernández Rodríguez e nº 107/1994, interposto por Jesús García Oliveros, interpostos contra o acordo da Comisión Provincial de Urbanismo de Lugo, do 5 de novembro de 1993, polo que se outorgou a aprobación definitiva ó expediente de adaptación e revisión do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ribadeo, con base nas razóns explicadas nos fundamentos xurídicos que anteceden.

Segundo.-Desestima-los recursos ordinarios números 59/1994, interposto por Angustias Álvarez Álvarez; 60/1994, interposto por Antonio Díaz Teijido; 61/1994, interposto por Aurora Álvarez Álvarez; 62/1994, interposto por José Álvarez Álvarez; 95/1994, interposto por José Ramón Rodríguez Sabugo Fernández, interpostos contra o acordo da Comisión Provincial de Urbanismo de Lugo, do 5 de novembro de 1993, polo que se outorgou a aprobación definitiva ó expediente de adaptación e revisión do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ribadeo, con base nas razóns explicitadas nos fundamentos xurídicos que anteceden.

Terceiro.-Estimar parcialmente os recursos ordinarios números 108/1994, interposto por Evaristo Lombardero Rico e outros; 215/1994, interposto por Baltasar López Fernández e outros; e 216/1994, interposto por José Antonio Peña Alonso, en representación da asociación de veciños Virxe de Vilaselán, de Ribadeo, interpostos contra o acordo da Comisión Provincial de Urbanismo de Lugo, do 5 de novembro de 1993, polo que se outorgou a aprobación definitiva ó expediente de adaptación e revisión do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ribadeo, e, na súa virtude, revogalo no que atinxe á clasificación como solo urbanizable non programado dos terreos comprendidos no ámbito do denominado P.A.U.-4.

Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, lembrándolle que debe comunicar previamente a esta consellería a devandita interposición conforme o artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».

Os interesados poderán comparecer nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sita nos edificios administrativos San Caetano, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 1995.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda