Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 1995 Páx. 2.912

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 6 de abril de 1995 pola que se nomean vocais titulares das mesas autonómicas e provinciais de control e seguimento da renda de integración social en Galicia.

O artigo 36 e 37 da Lei 9/1991, do 2 de outubro, de medidas básicas para a inserción social, en concordancia cos artigos 80.1º e 81.1º do Decreto 374/1991, do 24 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 9/1991, do 2 de outubro, dispón a constitución de dúas mesas, unha a nivel provincial e outra a nivel autonómico, que actuarán como órganos superiores de control e seguimento da aplicación da renda de integración social de Galicia, nas que forman parte cada unha delas, entre outros membros, por sete representantes das centrais sindicais máis representativas a nivel autonómico.

As normas de organización e funcionamento interno da Mesa Autonómica da Renda de Integración Social publicadas no Diario Oficial de Galicia do 23 de outubro de 1992, que rexen tamén para as mesas provinciais, a teor do disposto no artigo 81.3º do Decreto 374/1991, do 24 de outubro, establecen no seu artigo 7.2º que os nomeamentos e substitucións de tódolos membros da mesa se publicarán, no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, foron comunicadas a esta consellería propostas da Confederación de Empresarios de Galicia, da Central Sindical Comisións Obreiras (CC.O0) de Galicia e da Dirección Xeral de Servicios Sociais de substitución de vocais titulares.

En consecuencia, en uso da facultade que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO

Primeiro.-Nomear, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, a José Manuel Caride Echegaray, vocal titular da Mesa Autonómica de Control e Seguimento da Renda de Integración Social de Galicia, en substitución de Enrique Sánchez García.

Segundo.-Nomear, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, a María José Fernández Robledo e a Alberto Jesús López Rodríguez como vocais titulares da Mesa Provincial de Ourense da renda de integración social de Galicia, en substitución de Celso Gallego Cortiñas e de Luis Ortiz Álvarez, respectivamente.

Terceiro.-Nomear, en representación da central sindical Comisións Obreiras (CC.O0) de Galicia, a Piedad Fernández Pérez como vocal titular da Mesa Provincial de Ourense da renda de integración social

de Galicia, en substitución de Ignacio Campo Valiña.

Cuarto.-Nomear, en representación da Administración autonómica, a María Jesús López Carrasco, xefa do Servicio de Axudas e Programas da Delegación Provincial de Ourense, vocal titular da Mesa Provincial de Ourense da renda de integración social de Galicia, en substitución de María Carmen Álvarez Álvarez.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 1995.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA