Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 1995 Páx. 2.898

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 8 de marzo de 1995, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de propostas de resolución en expedientes sancionadores (C-1903/1993 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), notifícase as persoas que a continuación se relacionan a proposta de resolución en expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG número 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), sobre infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen do prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para poder examina-los expedientes, na Delegación Comarcal da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Ferrol (A Coruña) praza de España, 2-2º e presentar perante a dita delegación as alegacións que consideren pertinentes conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Número de expediente: C-1849/1993 e C-1905/1993.

Denunciado: Francisco José Valente da Silva.

Domicilio: Do Castro, s/n-Neda (A Coruña).

Número de expediente: C-1903/1993.

Denunciado: José Manuel Ferreño Losada.

Domicilio: A Cabana, 177-Ferrol (A Coruña).

Número de expediente: C-0319/1994.

Denunciado: Julio Jaime Gabarri Magaz.

Domicilio: Enrique Granados, B1.41, P.9-1º I-Ferrol (A Coruña).

Número de expediente: C-1349/1994.

Denunciado: Alejandro Moreno Beltrán.

Domicilio: Viv. Sindicales San Pablo, 7-B-Ferrol (A Coruña).

A Coruña, 8 de marzo de 1995.

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña