Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 1995 Páx. 2.898

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a contratación directa das obras de reparación de sumidoiro, substitución de tuberías e amaño do depósito conexión da residencia da terceira idade Nosa Sra. dos Milagres.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la contratación directa da seguinte obra:

Obra: reparación de sumidoiro, substitución de tuberías e amaño do depósito conexión da residencia da idade Nosa Sra. dos Milagres.

Orzamento de contrata: tres millóns catrocentas oitenta e oito mil cincocentas vinteseis pesetas (3.488.526 ptas.).

Prazo de execución: un (1) mes.

Clasificación requirida: grupo E, subgrupo 1, categoría A.

Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo día natural ás 14 horas.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense, sita na Avda. de Zamora, nº 13, en sobres pechados e segundo ós procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación.

Proposición económica: axustarase ó modelo establecido que figura engadido ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola comisión de valoración nos locais desta delegación provincial, ás 10 horas do sexto día natural seguinte o do remate do prazo de presentación de proposicións; se cadrase este día en sábado ou festivo, reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.

Documentación: a documentación que presentarán os licitadores é a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

Exposición do proxecto: o proxecto, así como os pregos do citado expediente poderán examinarse no Servicio de Xestión Económica da Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense (Avda. Zamora nº 13), no prazo de presentación de proposicións desde as 9 ás 14 horas, nos días hábiles, agás sábado.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Ourense, 6 de abril de 1995.

Alberto Escobar Veiga

Delegado provincial de Ourense