Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 1995 Páx. 2.882

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 1995 pola que se convocan cursos para persoal da Administración local.

Dentro do programa de actividades da EGAP para 1994, e conforme coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos que figuran no anexo I, que deberán desenvolverse conforme coas seguintes bases:

Primeira-Solicitudes.

1. As persoas que desexen participar nos cursos programados deberán solicitalo no modelo oficial de solicitude que figura como anexo II ó final da convocatoria cuberta en tódolos epígrafes, e na que se farán constar, en todo caso, os seguintes datos:

a) Descrición do posto de traballo que desempeña na actualidade.

b) Xustificación do cumprimento do requisito esixido na base 2 do anexo da convocatoria dos respectivos cursos.

c) Conformidade da entidade na que presta servicios. Cando solicite máis dun interesado da mesma corporación, deberase especifica-la orde de preferencia.

2. A falsidade ou ocultación de datos será motivo de exclusión automática.

Segunda.-Prazo.

O prazo de presentación de instancias finaliza, segundo a localidade, 15 días antes do comezo de cada curso que figura no anexo, agás para os cursos que comezan o día 2 de maio, que rematará o 26 de abril.

Terceira.-Tramitación de solicitudes.

As solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública e presentaranse no rexistro da EGAP, polígono das Fontiñas, s/n, 15703 Santiago de Compostela, ou por calquera das outras formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Seguidamente efectuarase a selección dos participantes e notificarálle-la admisión directamente ós interesados.

Cuarta.-Requisitos dos participantes.

Con independencia das condicións establecidas de modo concreto para cada un dos cursos os solicitantes deberán ser funcionarios de Administración local ou persoal laboral asimilado que preste servicios dentro da área obxecto do correspondente curso.

Quinta.-Selección.

Os criterios de selección, dirixidos a concilia-las necesidades da organización na que prestan servicios os aspirantes e os intereses individuais destes, irán en conta a maior relación do posto de traballo desempañando co contido do curso, sempre e cando se cumpran os requisitos esixidos na base cuarta da convocatoria e os específicos de cada curso. Terán preferencia aqueles que non realizasen outro curso de similares características ós convocados e os que solicitándoos en anos anteriores non obtiveran praza, debendo formular de tódolos xeitos unha nova solicitude.

En calquera caso, os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 21 de abril de 1991 da EGAP, pola que se fan públicos os criterios xerais de selección dos asistentes ás súas actividades e na do 25 de abril de 1991 pola que se precisan os criterios de selección para participar nas súas actividades.

A EGAP reserva para si a facultade de anular un curso se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa celebración.

Sexta.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade no curso cando a súa inasistencia non sexa igual ou superior ó 15% das horas lectivas programadas. A superación deste límite, sexa cal sexa a causa, imposibilitará a expedición do certificado e dará lugar á baixa no curso con perda de tódolos dereitos.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 1995.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

A) CURSOS DE INFORMÁTICA DE XESTIÓN

MUNICIPAL.

Curso: básico de informática.

1. Obxectivos: iniciarse na mecanización e coñece-lo manexo correcto do sistema operativo DOS, así como a introducción no contorno gráfico Windows.

2. Destinatarios: tódolos grupos de titulación, especialmente C e D de corporacións con mecanización informática.

3. Desenvolvemento do curso: o curso desenvolverase de luns a xoves conforme o seguinte calendario:

Duración: 24 horas.

Nº prazas: 15.

4. Contido: introducción á informática. Definición de sistema operativo. Contorno MS-DOS. Entorno Windows: as súas características esenciais. Manexo e práctica dos diversos elementos que os configuran.

Curso: folla electrónica de cálculo.

1. Obxectivos: aprende-lo manexo e utilización de follas de cálculo para o procesado de datos numéricos.

2. Destinatarios: tódolos grupos de titulación, especialmente C e D de corporacións con mecanización informática.

3. Desenvolmento do curso: o curso desenvolverase de luns a xoves, conforme o calendario seguinte:

Duración: 24 horas.

Nº prazas: 15.

4. Contido: procesamento numérico de datos. As follas de cálculo como ferramenta para análise da información. A folla de cálculo EXCEL.

Curso: procesador de textos: Wordperfect DOS.

1. Obxectivos: coñece-las posibilidades que ofrece este procesador para a confección de todo tipo de documentos.

2. Destinatarios: tódolos grupos de titulación, especialmente C e D de corporacións con mecanización informática.

3. Desenvolvemento do curso: o curso desenvolverase de luns a xoves, conforme o calendario seguinte:

Duración: 30 horas

Nº prazas: 15.

4. Contido: o procesador de textos Wordperfect sistema DOS. Utilidades de edición. Ferramentas de deseño, táboas, esquemas, diagramas de bloques e debuxo. Fusión con bases de datos, mailings, etiquetas.

Curso: procesador de textos MS-Word (Wordperfect para Windows).

1. Obxectivos: coñece-las posibilidades que ofrece este procesador para a confección de todo tipo de documentos.

2. Destinatarios: tódolos grupos de titulación, especialmente C e D de corporacións con mecanización informática.

3. Desenvolvemento do curso: o curso desenvolverase de luns a xoves, conforme o calendario seguinte:

Duración: 30 horas

Nº prazas: 15.

4. Contido: o procesador de textos Wordperfect baixo contorno Windows. Utilidades de edición. Ferramentas de deseño.

Curso: procesador de textos: base de datos (DBASEIV-SQL).

1. Obxectivos: coñece-las posibilidades que proporciona dispoñer da información de modo estructurado e organizado e utilizar ó máximo a información almacenada.

2. Destinatarios: tódolos grupos de titulación, especialmente C e D de corporacións con mecanización informática.

3. Desenvolvemento do curso: o curso desenvolverase de luns a xoves, conforme o calendario seguinte:

Duración: 30 horas.

Nº prazas: 15.

4. Contido: técnicas de xestión da información. Sistemas xestores de bases de datos. O xestor de bases de datos relacionados dBase IV e o xestor SLQ.

B) Curso: xestión orzamentaria e contable.

1. Obxectivos: estudio e profundización do novo Plan Xeral de Contabilidade Orzamentaria adaptado ás entidades locais.

2. Destinatarios: tesoureiros, secretarios-interventores e persoal ó servicio da Administración local que realice tarefas de xestión en materia orzamentaria e contable.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 45 horas.

3.2. Lugar: Santiago de Compostela, EGAP.

3.3. Datas: do 2 de maio ó 20 de xuño.

3.4. Horarios: martes e xoves, de 17 a 20.30 horas.

3.5. Prazas: 30.

4. Contido: o orzamento como instrumento de control. O novo plan contable. Proxectos de gasto e gasto con financiamento afectado. Operacións non orzamentarias. Operacións de fin de exercicio.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA