Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 1995 Páx. 2.881

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Amalis, S.A.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo para a empresa Amalis, S.A., que tivo entrada nesta delegación provicial o día 10-3-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social polo comité de empresa, o día 27-2-1995. De conformidade co disposto no artigo 4 do texto do convenio colectivo, artigo 90, 2 e 3 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, a Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación Diario Oficial de Galicia (DOG).

Vigo, 14 de marzo de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Asistentes:.

-Polos traballadores: Pilar Vázquez Rial, Joaquín Martínez Fernández, Ignacio Gil Hesseldahl, Horacio Alonso de la Campa e Edelmiro Martínez Troncoso.

-Por Amalis, S.A.: Rafael Pastor Borreguero.

Na cidade de Vigo o vintesete de febreiro de mil novecentos noventa e cinco, reúnense as persoas arriba relacionadas, que constitúen, por unha parte, os compoñentes do comité de empresa, representantes dos traballadores de limpeza que prestan os seus servicios no Hospital do Meixoeiro de Vigo, e por outra, a representación legal de Amalis, S.A.

Ten por obxecto a presente reunión establece-la táboa de retribucións definitiva, que rexerá para o ano 1995 (1-1-1995 ó 31-12-1995), en aplicación do previsto no artigo 4 do vixente convenio colectivo.

Unha vez levado a cabo un cambio de impresións sobre os temas a tratar, adóptanse os seguintes acordos:

Primeiro.-A táboa de retribucións definitiva para o ano 1995, é dicir, desde o 1-1-1995 ata o 31-1-1995, en aplicación do artigo 4 do vixente convenio colectivo, é a seguinte:

Antigüidade: (trienios que venzan a partir do 1-1-1995) 1.695 ptas./mes x 14 pagas.

Plus festivo (comple. atención continuada modalidade B): 1.371 ptas./festivo traballado.

Nocturnidade (compl. atención continuada modalidade A): 36.304 ptas./mes x 12 pagas.

IPC Galego: 418 ptas./mes x 12 pagas.

As retribucións que se establecen nos presentes acordos así como os atrasos que da aplicación delas se xeren serán aboados xunto coa nómina do mes de marzo de 1995.

Terceiro.-Darlle ó presente documento o trámite legal, facéndollo chegar coas súas copias correspondentes á autoridade laboral competente para o seu visado, rexistro e ulterior publicación no BOP.

E para que así conste, redáctese esta acta, asinándoa os asistentes en proba de conformidade, na cidade e data indicadas ó principio.