Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 1995 Páx. 2.856

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 1995 pola que se convoca un curso sobre dirección e xestión de recursos, dirixido ós mandos que exerzan funcións de xefatura de cadro de persoal dentro dos corpos da policía local de Galicia.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1995, conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dun curso sobre dirección e xestión de recursos, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

O curso ten por obxectivo principal dota-los mandos de policía local duns coñecementos e técnicas de organización e comunicación que lles permitan unha maior e mellor comunicación cos demais membros do seu cadro de persoal.

Destinatarios.

O curso vai dirixido ós mandos que exerzan funcións de xefatura de cadro de persoal dos corpos da policía local de Galicia.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertarán por curso será de 50.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo, acompañada dunha fotocopia do DNI e do carné profesional.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 19 de maio de 1995.

3. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: rúa de Madrid, s/n, polígono das Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela.

Contido e duración.

O curso celebrarase en sesións de tarde, de luns a venres, e nel tratarase, entre outros, os seguintes temas:

a)Xestión de recursos humanos. Selección e formación de persoal.

b) O proceso selectivo.

c) A formación profesional.

d) Aspectos psicolóxicos da decisión.

e) Aspectos psicolóxicos da dirección. Selección de tarefas. A relación mando-subordinado.

f) Planificación de cadros de persoal.

g) Sistemas para a recollida de datos.

Datas.

O curso celebrarase do 29 de maio ó 2 de xuño de 1995.

O horario será de 16 a 20 horas.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 23 de maio de 1995 no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (981) 56 34 00.

Lugar.

O curso desenvolverase na sede da Academia Galega de Seguridade.

Certificado de participación e aproveitamento.

Ó remate do curso entregaráselle un certificado de asistencia e aproveitamento a aqueles persoas que acrediten a súa participación continuada ó mesmo, non podendo supera-las faltas de asistencia un 15% do total da duración de horas lectivas do curso; unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, e a non superación das correspondentes probas de coñecementos, impedirá a expedición do certificado.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 1995.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA