Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 1995 Páx. 2.854

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 1995 pola que se convocan tres cursos sobre dereito administrativo policial básico, dirixidos ós membros dos corpos da policía local de Galicia.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1995, de forma descentralizada, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración de tres cursos sobre dereito administrativo policial básico, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

Os cursos teñen por obxectivo inicia-lo policía no estudio do dereito administrativo policial e dotalo dunha formación teórico-práctica que lle sexa útil no desempeño posterior do seu labor profesional.

Destinatarios.

Os cursos van dirixidos ós membros dos corpos da policía local de Galicia.

lnscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertarán por curso será de 50.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo, acompañada dunha fotocopia do DNI e do carné profesional.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará nas seguintes datas:

-Vigo: 15 de maio.

-Lugo: 23 de maio.

-Pontevedra: 6 de xuño.

3. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: rúa de Madrid, s/n, polígono das Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela.

Contido e duración.

Os cursos celebraranse en sesións de tarde, de luns a venres, e neles trataranse, entre outros, os seguintes temas:

a) Actos dos procedementos administrativos.

b) Actos e espectáculos públicos.

c) Armas e explosivos.

d) Lei de seguridade cidadá.

Datas.

Os cursos celebraranse nas seguintes datas:

-Vigo: do 29 de maio ó 2 de xuño.

-Lugo: do 12 ó 16 de xuño.

-Pontevedra: do 19 ó 23 de xuño.

O horario será de 16 a 20 horas do serán.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase os días:

-Vigo: 23 de maio.

-Lugo: 31 de maio.

-Pontevedra: 14 de xuño, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (981) 56 3 00.

Lugar.

Os cursos desenvolveranse nos seguintes lugares:

-Vigo: nos locais da policía local.

Lugo: salón de actos do parque da Milagrosa (Servicio Municipal de Vías e Obras).

Pontevedra: salón de actos de Caja Madrid.

Certificado de participación.

Ó remate de cada curso entregaráselle un certificado de asistencia e aproveitamento a aqueles persoas que acrediten a súa participación continuada ó mesmo, non podendo supera-las faltas de asistencia un 15% do total da duración de horas lectivas do curso; unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, e a non superación das correspondentes probas de coñecementos, impedirá a expedición do certificado.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento dos cursos para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 1995.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade