Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 1995 Páx. 2.835

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 10 de abril de 1995 pola que se determinan os servicios mínimos dirixidos a garanti-los servicios prestados polos facultativos internos residentes da Comunidade Autónoma galega, con motivo da folga convocada a partir das 8 horas do día 18 de abril ata as 8 horas do día 21 de abril, reanudándose ás 8 horas do día 25 de abril para concluír ás 8 horas do día 28 de abril de 1995.

O artigo 28.2º da Constitución española recoñece como dereito fundamental da persoa o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas, que presten servicios públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ó mantemento dos servicios esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20 de xuño), entre os que se atopa a sanidade.

O exercicio público da prestación da asistencia sanitaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación a este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros competentes, por razón dos servicios esenciais afec

tados, para que, mediante orde, e diante de cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento de tales servicios, así como para determina-lo persoal necesario para a súa prestación.

Convocada folga que afecta ós facultativos internos residentes da Comunidade Autónoma galega, a partir das 8 horas do día 18 de abril ata as 8 horas do día 21 de abril, reanudándose ás 8 horas do día 25 de abril para concluír ás 8 horas do día 28 de abril de 1995, oído o comité de folga, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo 1º.-A convocatoria de folga, a partir das 8 horas do día 18 de abril ata as 8 horas do día 21 de abril, reanudándose ás 8 horas do día 25 de abril para concluír ás 8 horas do día 28 de abril de 1995, que afecta ós facultativos internos residentes da Comunidade Autónoma galega, enténdese condicionada ó mantemento dos servicios mínimos que se establecen no anexo desta orde.

Os servicios mínimos supoñen unha porcentaxe inapreciable con respecto ó colectivo de facultativos internos residentes da Comunidade Autónoma. Por outra banda, resultan totalmente imprescindibles para mante-la adecuada cobertura das áreas de urxencia dos hospitais que se referencian no anexo, coa finalidade de evita-la producción de graves prexuízos ós usuarios, que polo cáracter das áreas aludidas, de existir desatención, poden sufrir danos irreparables con desenlace fatal nalgúns casos.

Os ditos mínimos responden, pois, á necesidade de compatibiliza-lo respecto ineludible ó exercicio do dereito de folga, coa atención ós usuarios, que, baixo ningún concepto, poden quedar desasistidos polas características do servicio dispensado.

Artigo 2º.-A designación nominal, con carácter rotatorio, do persoal que deberá cubri-los distintos servicios será feita pola dirección-xerencia dos centros de xestión, procedéndose á súa publicación nos taboleiros de anuncios do centro de traballo.

Artigo 3º-Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servicios mínimos determinados no anexo serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16.1º do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE nº 58, do 9 de marzo).

Artigo 4º.-O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ó persoal nesta situación, nin tampouco verbo á tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5º.-Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observa-las normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos usuarios dos establecementos sanitarios.

Disposicion derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 1995.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza:

-Hospital Juan Canalejo: 6 MIR na Área de Urxencias.

-Hospital Materno-Infantil: 1 MIR na Área de Urxencias.

Hospital do Meixoeiro: 2 MIR na Área de Urxencias.