Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 1995 Páx. 2.832

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 de marzo de 1995 pola que se autoriza o cambio de denominación do centro privado Compañía de María de Lugo.

Examinado o expediente incoado por Pilar Sineiro Rodríguez, en nome e representación do Instituto Hijas de María titular do centro privado Compañía de María de Lugo, en solicitude de cambio de denominación do devandito centro.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo, que se uniron a el os documentos esixidos e que a petición foi informada favorablemente pola Inspección de Educación e pola propia delegación provincial.

Resultando que o referido centro ten a correspondente autorización para impartir ensinanzas.

Vistos o Real decreto 401/1979, do 13 de febreiro (BOE do 8 de marzo), o Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro (BOE do 27), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26) e demais disposicións complementarias.

Considerando que se cumpriron neste expediente tódolos requisitos esixidos pola normativa vixente nesta materia. Esta consellería, dispón:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro privado Compañía de María de Lugo pasando a denominarse María Auxiliadora.

O cambio de denominación non afectará ó réxime de funcionamento do centro.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria