Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 1995 Páx. 2.752

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública PP 03-09 Recaré 2.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello en sesión do día 30 de novembro de 1994 o plan parcial 03-09 Recaré 2, redactado polos arquitectos López Santander e Romero Gil-Delgado, coa seguinte observación:

A localización das parcelas de cesión ó concello decidirase no proxecto de compensación, polo que deberán eliminarse as precisións contidas no PP relativas a esa cuestión.

Sométese a exposición pública polo prazo de un mes mediante inserción de anuncios no DOG, BOP, prensa e taboleiro da Casa do Concello, con notificacións individuais ós propietarios do ámbito.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación, ata o remate do prazo indicado, contado desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

A documentación atópase na Oficina Municipal de Información para exame e alegacións.

Vigo, 22 de marzo de 1995.

Carlos A. González Príncipe

Alcalde