Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 1995 Páx. 2.752

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 1995 pola que se fai pública a adxudicación do concurso público para contrata-lo servicio de limpeza no seu edificio administrativo sito no polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela.

Por resolución do director da Escola Galega de Administración Pública do 9 de xaneiro de 1995 (DOG nº 13, do 19 de xaneiro) foi convocado concurso público para contrata-lo servicio de limpeza no seu edificio administrativo.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, e por proposta da Mesa

de Contratación constituída para o efecto, o director da escola resolveu adxudicarlle o devandito contrato á empresa Limpiezas Salgado, S.L., polo importe de 12.876.000 ptas., IVE incluído.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 38 da L.C.E. e no artigo 199 do seu regulamento.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 1995.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración Pública