Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 1995 Páx. 2.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 1995, da Xefatura Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación de bens afectados polas obras N-AC-94.1 dos pasos superior e inferior na estrada C-540 Betanzos-Lalín, tramo: Melide-Ponte Arcediago, p.k. 5,710 e 7,370 (concello de Santiso).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu apartado 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 22 de novembro de 1994 aprobouse o correspondente proxecto de trazado.

Polo Decreto 370/1994, do 2 de decembro, declárase a utilidade pública das mencionadas obras, e así mesmo, urxente a ocupación dos bens afectados por estas para efectos do prevido no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, esta xefatura, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Santiso, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Concello de Santiso.

Local: Casa do Concello de Santiso.

Día: 24 de abril de 1995 de 10 a 11 horas.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, aportando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo facerse acompañar, pola súa conta, se o coidan oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de 15 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación. desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, perante esta Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia na Coruña, praza Luis Seoane, s/n, 8ª planta, as alegacións que coiden pertinentes con obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola presente ocupación.

A Coruña, 28 de marzo de 1995.

Antonio Fernández Sarasquete

Enxeñeiro xefe