Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 1995 Páx. 2.743

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación e citación de remate (248/1994).

Por medio da presente cédula e en virtude do acordado polo xulgado nos autos de xuízo executivo número 248/1994, séguense no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, a instancia de Liseat, S.A., representada polo procurador García Piccoli Atanes, contra José Luis Durán Neira, en reclamación de 287.598 pesetas de principal, máis 100.000 pesetas calculadas para xuros, gastos e custas, pola presente cédula fáiselle saber ó debedor anteriormente indicado, que se encontra en ignorado paradoiro, que se embargaron, como da súa propiedade, os bens que máis adiante se describen, segundo dispón o artigo 1444 da Lei de axuizamento civil, sen o previo requirimento de pagamento, por ignorarse o seu paradoiro, e ó propio tempo, cítase de remate, concedéndolle o prazo de nove días para que compareza nos autos e se opoña á execucion, se lle conviñer, prevíndoo de que, de non verificalo, se seguirá o xuízo na súa rebeldía, e de que recaerán sobre el o

conseguinte prexuízo.

Bens embargados:

Dúas furgonetas modelo Terra, matrículas C-3963-AW e C-3964-AW.

E para que conste e lle sirva de notificación e citación en forma ó debedor José Luis Durán Neira, expido a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, en Santiago de Compostela o un de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

Camilo José García-Puertas Magariños

Secretario do xulgado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E

VIVENDA