Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 1995 Páx. 2.742

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1995 pola que se nomea profesor/a titular de universidade da área de coñecemento de pintura, do departamento de Expresión Artística, a Loreto Blanco Salgueiro.

Consonte a proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 23 de maio de 1994 (BOE do 10-6), para a provisión de unha praza de profesor/a titular de universidade da área de coñecemento de pintura, do departamento de Expresión Artística da Universidade de Vigo, a prol de Loreto Blanco Salgueiro, DNI nº 36.081.260, e cumprindo o/a interesado/a os requisitos do artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Loreto Blanco Salgueiro profesor/a titular de universidade da área de coñecemento de pintura, do departamento de Expresión artística da Universidade de Vigo.

Este nomeamento surtirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado/a, que deberá efectuarse no prazo máximo de un mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 8 de marzo de 1995.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo