Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 1995 Páx. 2.725

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 1995, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á empresa Jesús Alonso, S.A. (JEALSA), en Punta de Naranxo, concello de Boiro (A Coruña), e se lle concede á dita empresa a condición de autoxerador eléctrico. (Expediente número 37/1995-N.I.).

Jesús Alonso, S.A. (JEALSA), con domicilio para efectos de notificacións en Punta de Naranxo, concello de Boiro (A Coruña), con data do 28 de decembro de 1994, solicitou autorización administrativa para a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica e concesión da condición de autoxerador eléctrico, co fin de acollerse ós beneficios previstos no Real decreto 872/1982, do 5 de marzo, sobre tramitación de expedientes de solicitude de beneficios creados pola Lei 82/1980, do 30 de decembro, sobre conservación de enerxía, achegando o preceptivo anteproxecto da instalación e o estudio dos rendementos enerxéticos acadables e do aforro de enerxía que se conseguirá coa posta en servicio das instalacións proxectadas, de acordo co esixido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no Real decreto 907/1982, do 2 de abril, e orde do Ministerio de Industria e Enerxía do 7 de xullo do mesmo ano, sobre fomento da autoxeración de enerxía

eléctrica e normas para a obtención da condición de autoxerador eléctrico, respectivamente, de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na alínea 2 da disposición transitoria segunda da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

A devandita planta de coxeración situarase nos terreos da factoría, dedicada á industria alimentaria, propiedade da empresa solicitante, situada en Punta de Naranxo, no concello de Boiro (A Coruña).

Resultando que de conformidade co establecido no citado Decreto 2617/1966, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, dictou Resolución do 17 de xaneiro de 1995 pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación da referida planta de coxeración, que foi publicada no DOG do 26-1-1995 e no BOP da Coruña do 25-1-1995, non presentándose no período legalmente establecido para iso alegación ningunha.

Resultando que a planta de coxeración da que se solicita autorización administrativa ten as seguintes características técnicas básicas:

-Tres motores de combustión interna de fuel oil, de 4.300 kW de potencia c/u; tres xeradores eléctricos de 5.000 kVA de potencia; tres centros de transformación de 5.000 kVA c/u e tensións de 6/20 kV; e equipamento eléctrico de protección, mando, sinalización e medida.

Resultando que da autorización administrativa da devandita planta de coxeración e do outorgamento da condición de autoxerador eléctrico á entidade

mercantil solicitante emitiu informe favorable facultativo habilitado para o efecto e o delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña.

Considerando que a Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente de acordo co disposto no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1992, do 4 de novembro e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 140/1991, do 2 de maio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e a orde do Ministerio de Industria e Enerxía do 7 de xullo, de 1982, sobre obtención da condición de autoxerador eléctrico.

Considerando que a documentación aportada reúne os requisitos sinalados polo Real decreto 907/1982, do 2 de abril, sobre fomento da autoxeración de enerxía eléctrica, e pola mencionada orde do Ministerio de Industria e Enerxía do 7 de xullo de 1982, en canto á obtención da condición de autoxerador eléctrico.

Esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Autorizarlle a instalación dunha planta de coxeración á empresa Jesús Alonso, S.A. (JEALSA), a situar nas instalacións da factoría que a dita empresa ten en Punta de Naranxo, concello de Boiro (A Coruña).

Segundo.-Outorga-la concesión de condición de autoxerador eléctrico, a cal se condiciona á subscrición do convenio a que fai referencia o apartado terceiro do punto 2.3 da sinalada orde do Ministerio de Industria e Enerxía do 7 de xullo de 1982.

O promotor deberá presentar perante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, no prazo de un ano contado a partir da data de publicación no DOG da presente resolución, o proxecto de execución da planta de coxeración autorizada, o cal conterá os datos e condicións técnicas para a realización das instalacións de conexión da central á rede, que serán facilitados pola empresa que distribúa enerxía eléctrica na zona, así como o punto de interconexión, de acordo co sinalado na orde do Ministerio de Industria e Enerxía do 5 de setembro de 1985. Excepcionalmente poderá concederse unha prórroga a este prazo por causa debidamente xustificada.

Queda obrigada a citada empresa a solicitar, no prazo de 6 meses contados a partir da data de publicación desta resolución no DOG, a súa inclusión no rexistro de instalacións en réxime especial a que fai referencia o artigo 6 do Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía, eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables; réxime creado polo capítulo II do título IV da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo de un mes contado a partir do día da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 1995.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria