Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 1995 Páx. 2.724

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4214 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Eléctrica de Valdriz, con domicilio na Gamela-Bastiagueiros, Oleiros, A Coruña, en solicitude de autorización para instalar reelectrificación na Pobra de San Xulián-Láncara, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Eléctrica de Valdriz, a instalación de rede de baixa tensión 380/220 V, con apoios de formigón, sección de cable 3x95 Al/54,6 e 3x25/54,6, con illamento seco de PVC, 0,6/1 kV, do tipo R.Z.; a rede de baixa parte do C.T. Casa Grande-3ª fase, para mellora da subministración eléctrica da Pobra de San Xulián, no concello de Láncara.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 21 de febreiro 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo