Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 1995 Páx. 2.719

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 1 de febreiro de 1995 pola que se aproban determinados proxectos editoriais para as ensinanzas de réxime xeral e se autoriza o uso dos libros de texto e dos correspondentes materiais curriculares en centros públicos e privados.

Advertidos erros na transcrición da devandita orde, efectuada no DOG nº 42, do 1 de marzo pasado, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 1.646, columna esquerda, anexo I, entre as liñas segunda e terceira comezando a contar polo final, cómpre engadir:

«Proxecto: proxecto editorial para o segundo ciclo de educación infantil.

Editorial: Akal, Sociedade Anónima».

-Na páxina 1.647, columna dereita, anexo II, na liña trixésimo terceira di: «... medio nacural, social...», debe dicir: «... medio natural, social...».

-Na mesma páxina e columna, liña tetraxésimo sétima di: «... física e educación artística para...», debe dicir: «... física, lingua estranxeira: inglés e educación artística para...».

-Na páxina 1.648, columna esquerda, liña vixésimo primeira, di: «Editorial: Abad», debe dicir: «Editorial Aba».