Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 07 de abril de 1995 Páx. 2.710

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 1995. da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, pola que se anuncia o concurso para a contratación directa da asistencia técnica referente ó desenvolvemento dun sistema informático para a Dirección Xeral de Formación de Emprego.

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes resolve anunciar concurso para a contratación directa do seguinte material:

Obxecto do contrato: asistencia técnica para o desenvolvemento dun sistema informático para a Dirección Xeral de Formación e Emprego.

Orzamento de licitación: catorce millóns novecentas cincuenta mil pesetas (14.950.000 ptas.).

Prazo de execución: dous meses.

O prego de cláusulas administrativas e o de prescricións técnicas estarán a disposición dos interesados no rexistro xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, San Caetano, Santiago de Compostela.

As proposicións presentaranse no devandito rexistro ou na forma que dispón o artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, no prazo de dez (10) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Calicia.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola comisión de contratación o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das ofertas, sempre e cando non coincida en sábado, que pasará ó primeiro día hábil seguinte, na sala de xuntas da consellería ás 10 horas.

O presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 1995.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia, Muller

e Xuventude