Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 07 de abril de 1995 Páx. 2.710

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1995 pola que se convoca o concurso público 7/1995, declarado de urxencia, para a asistencia técnica relativa ó control dos expedientes das tres universidades galegas tramitados na Subdirección de Construccións e Equipamento da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a programación do investimento nelas.

Esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria resolveu convocar concurso público nº 7/1995, declarado de urxencia, para asistencia técnica relativa ó control dos expedientes das tres universidades galegas tramitados na Subdirección de Construccións e Equipamento da secretaría xeral desta consellería.

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación. Na forma que sinala a cláusula 3.2.3 do prego de cláusulas administrativas particulares, específico deste concurso.

Exposición e adquisición de pregos: estarán de manifesto na oficina de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edificios San Caetano, Santiago de Compostela, e delegacións provinciais, durante o prazo de presentación de proposicións das 10 ás 14 horas. Para adquirir reproduccións de pregos dirixirse ó teléfono (981) 59 07 11, r/ Nova, nº 19-21, Santiago de Compostela.

Prazo de presentación de proposicións: será de 15 días contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente disposición no Diario Oficial de Calicia.

Lugar de presentación de proposicións: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e na forma legalmente establecida.

Documentación a presentar polos licitadores: a sinalada no punto 3.2 do prego de cláusulas administrativas particulares;

Apertura de proposicións económicas: mércores, 26 de abril de 1995 a partir das 10 horas.

Prazo de execución: 4 meses contados a partir do asinamento do contrato.

Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

Orzamento de licitación: 8.100.000 ptas.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria